domingo, 6 de febreiro de 2022

Creando unha cabana de vimbios

 Esta semana tivemos o Obradoiro creativo de bioconstrución colaborativo e interxeracional coa Parabólica e Julia de la Cal. Entre todos, alumn@s e adultos, creamos unha cabana natural e viva plantando vimbio. 

É unha construción, con vimbio fresco, dunha semicúpula con varias entradas para favorecer o xogo. 

Comezaron os alumn@s maiores preparando o terreno, outras aulas fixeron as fiestras e os máis pequenos colaboraron poñendo vimbios e regando.













Ningún comentario:

Publicar un comentario