luns, 4 de abril de 2022

Concurso ONCE

 Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria participaron no concurso da ONCE "El camino que nos hace iguales". Están moi ilusionados porque percorreron moitos camiños para acercarse á inclusión e entender un pouco mellor as necesidades das persoas con discapacidade visual. 

Fixeron un cartel representando a palabra SUMA cos seus corpos. Os catro camiños que se ven representan os distintos traballos que fixeron para tratar de eliminar barreiras para as persoas cegas. 

Primeiro percorreron o camiño verde buscando barreiras dende clase ata o ximnasio, e atoparon moitas! A continuación seguiron o camiño vermello, que lles fixo reflexionar sobre como eliminar esas barreiras. Despois comezaron o camiño azul buscando a axuda do alumnado de 6º de Educación Primaria, de compañeir@s do cole de Beluso que xa traballaran o ano pasado sobre isto, da Asociación de Nais e Pais e do Centro de Recursos da ONCE. Finalmente percorreron o camiño amarelo valorando todas as melloras conseguidas para as persoas con discapacidade visual. Ao longo do camiño, sobre o fondo branco, colocaron fotografías do traballo realizado. 









Tamén fixeron un pequeno vídeo para que poidades ver algunhas partes do seu traballo.


Destacar que o traballo gustou ao xurado, xa que pasamos a fase provincial! Agora estamos a espera da rexional e nacional.

O mellor é que o noso camiño  continuará para facer da nosa escola un lugar cada vez máis accesible e inclusivo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario