Pola beira do río

sábado, 23 de abril de 2022

Abril: mes dos libros

Durante esta semana fixemos moitas actividades relacionadas cos libros para conmemorar o Día do Libro. 
Comezamos o mércores con: "Hoxe no patio, libro". Todos os nen@s tiñan diferentes tipos de libros para poder ler e desfrutar durante o tempo de recreo.










O xoves fixemos "o Apadriñamento lector", nos corredores os nen@s dunha aula léronlle aos compañeir@s doutra clase.












Rematamos a semana coa actividade: "Cámbiocho por unha historia". Os alumn@s escribiron contos, anécdotas, lendas, poesías, chistes, adiviñas, pequenos relatos, fixeron ilustracións... o ensinaron e explicaron aos seus compañeir@s e recibiron un agasallo.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario