mércores, 27 de abril de 2022

II Consello Escolar Infantil

Antes das vacacións fixemos o II Consello Escolar Infantil ao que asistiron un representante de cada aula. O tema a tratar foi "Por 50 anos máis de melloras". As propostas foron moi variadas:

- Máis columpios, tobogáns e elementos para xogar no patio

- Clases de guitarra. cociña...

- Que o cole sexa máis accesible cunha rampa de acceso e ascensor

- Máis actividades de robótica

- Espazos para andar desclazos

- Recuperar a festa de fin de curso

- Reformar os baños

- Zonas verdes...

Dende o colexio esperamos ir pouco a pouco mellorar e alcanzar os vosos soños!!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario