venres, 28 de outubro de 2022

Un SAMAÍN con moito TEATROOO!

E chegou o Samaín  que tanto nos gusta, coa volta a convivencia e a compartir tempos,  espazos, merendas, experiencias...

Durante a semana traballamos na decoración de corredores e espazos e foron as familias as encargadas de decorar as cabazas con moito teatro.


         

Fixemos anuncios e historias de medo na radio,  e en infantil, durante toda a semana  divertíronse con obradoiros variados!

   


Na biblioteca nos agardaba Marc Taeger cun obradoiro terrorífico. Houbo tamén apócemas máxicas, truco e trato e o circo do terror coa colaboración da ANPA.



 
 






 
E nas aulas compartimos momentos lúdicos, merendas terroríficas  e fixemos moito teatro con contos de medo.

              


       

No contexto lingüístico pasamos por radio Faladoiro. Aquí unha pequena mostra pero se queredes escoitar máis seguídenos en Ivoox

                                 

MOITAS GRAZAS a tod@s por colaborar. ARRIBA O TELÓN!



Ningún comentario:

Publicar un comentario