Pola beira do río

luns, 28 de novembro de 2022

1º e 2º pasaron unha mañá con moita Arte e Teatro, no Café Moderno de Pontevedra!!!

O pasado martes 22 de novembro os alumnos/as de 1º e 2º de primaria, participaron en dúas actividades de #Afundación.

Primeiro visitaron unha exposición de Pop Art, onde descubriron obras de Andy Warhol, Yayoi Kusama e Roi Litchenstein, entre outros. Ademais participaron nun obradoiro onde crearon a súa propia creación de arte pop.



Por outra parte, desfrutaron dunha fantástica obra "La aventura de aburrirse", de L'estaquirot Teatre, que deu moito que pensar! Trataba sobre como ás veces é preciso aburrirse para dar pé á imaxinación e ao xogo creativo, deixando un pouco de lago a gran cantidade de xoguetes e pantallas que nos absorben.


Pasámolo moi moi ben!!!

 Continuamos e...ARRIBA O TELÓN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario