Un curso máis que remata e que tanto nos deu co noso proxecto Arriba o telón! Nos queda desxarvos a tod@s un feliz verán cunha chea de recomendacións para todos os públicos.


Un curso máis que remata e que tanto nos deu co noso proxecto Arriba o telón! Nos queda desxarvos a tod@s un feliz verán cunha chea de recomendacións para todos os públicos.
Como clausura do curso, o equipo de dinamización da lingua organizou a IV Romaría das Letras. Nesta ocasión foi en Sanamedio , un lugar moi apropiado para a festa. Cun guiño ao noso proxecto non faltaron os obradoiros que tanto entreteñen aos nenos: creación de marionetas da man de Marc Taeger, manualidades coa colaboración das nais, xogos musicais da man de Retrouso e imprenta movil grazas a biblioteca creativa.
Logo escoitamos a Tarabelos teatro con "Sabela e o paxaro máxico" e tivemos un xantar moi especial coa compañía de moitos pais e nais, unha xornada de festa de toda a comunidade educativa. Tampouco faltaron postos típicos dunha romaría: rosquillas, palilleiras e taller de madeira .
Grazas a todos por facelo posible!
Grazas a tod@s por acompañarnos. Arriba o telón!
A actividade extraescolar de teatro abriu o telón para mostrar a súa representación teatral ao resto do alumnado. Da man do seu profesor Marc Taeger, idearon un guión propio, e fixeron o atrezzo necesario, cunha interpretación moi divertida e orixinal.
Arriba o telón!
Xa estamos encarando a recta final do curso e o noso proxecto, Arriba o telón!,vai chegando ao seu fin. No día de hoxe contamos coa actuación do grupo teatral Migallas Teatro co seu espectáculo Pan de Millo, onde se combinan representacións teatrais con espectáculo musical. Unha proposta perfectamente adaptada ao noso PDI e ao Club de lectura deste curso que levaba como título Arriba o telón.
Que ben o pasamos! Arriba o telón!
O alumnado de sexto realizou un traballo de investigación con diferentes curiosidades do teatro. Pasaron por Radio Faladoiro para gravar o audio e polas diferentes aulas do centro para expoñelo e facer unha táboa de rexistros dos acertos de cada grupo.
Noraboa rapaces e rapazas. Gran traballo
Volvemos a xuntarnos o alumnado de terceiro e cuarto de primaria para ter un novo encontro coa lectura. Nesta ocasión tivemos gran afluencia de público, que gusto ver que cada día se apunta máis cativada!
Nesta ocasión o libro escollido foi "Somos Monstruos" de Paula Carballeira, que ademais de divertido está relacionado co PDI Arriba o telón!. O encontro deunos para falar do que máis e do que menos nos gustou, interpretamos un fragmento e debuxamos o noso monstruo favorito.
Como agasaio levamos un marcapáxinas e o momento compartido cos nosos compañeir@s.
Arriba o telón!
Neste curso coñecemos a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado neste curso e o creador do Día das Letras Galegas.
Fixemos traballos para fomentar o uso da lingua e coñecer a eses grandes personaxes que en tempos complicados fixeron moito pola nosa cultura e o noso idioma: deseñamos cartaces, fixemos investigacións sobre autores homenaxeados, pasamos por Radio Faladoiro para reflexionar sobre isto.
Tampouco podía faltar un traballo sobre os Maios, que tamén fomentan o uso da nosa lingua e o coidado das nosas tradicións: inventamos e cantamos coplas e fixemos maios con moita creatividade.
O 17 de maio deste 2023 cumpríronse 60 anos do 1º día das Letras Galegas. Precisamente o homenaxeado, Francisco Fernández del Riego foi o inventor desta celebración. Activista, intelectual, presidente da Real Academia Galega, gran impulsor das letras e da cultura galega moderna e cofundador da Editorial Galaxia. Recibe este homenaxe por estas e moitas máis razóns, pero en especial pola súa labor de editor.
Rike escribiu" a verdadeira patria dos homes é a súa infancia"
E nós, botamos atrás a memoria para rescatar, traducir e editar en formato teatral contos clásicos con tramas máis modernas. O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas por todo o alto, cunha representación que veu ser o produto final do noso PDI "A noite dos contos estilo Cela", cun fío condutor narrado polo alumnado de sexto, cada nivel versionou e adaptou ao teatro un conto. O traballo posou pola aprendizaxe do guión, a posta en escena, a confección de vestiario e atrezzo, a montaxe, a iluminación, o son, a edición de carteis e entradas ... un espectáculo completo que quere por o broche de ouro a este proxecto que tanto nos deu. ARRIBA O TELÓN!