domingo, 23 de abril de 2023

Traballando no produto final. Arriba o telón!

Durante este mes recibimos a visita dunha nai que traballa no teatro como diseñadora de atrezzo e recursos escénicos.Con  Denisse, nai de Luma,  fixemos un repaso das moitas persoas que traballan nun teatro, que non son só os actores e actrices.


Logo pasamos polas mesas de traballo para confeccionar os nosos disfraces para a representación de Fin de Proxecto.


Ademáis nos axudou na realización do Atrrezo, facendo un Periacto, que é un prisma xiratorio inventado no teatro grego. Era utilizado para facer cambios rápidos na escenografía, e se adapta moi ben para a nosa representación.





Agora xa temos todas as directrices para a gran representación. Estade atentos. Arriba o telón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario