A oratoria é a arte de falar en público, non se refire ao mero feito de falar con outros. A finalidade é axudar a que os alumn@s poidan tranasmitir unha mensaxe de xeito ordeado co obxectivo de informar, de persuadir e de conmover ao público.
E isto foi o que fixo a noso alumnado neste primer torneo de oratoria con dous tipos de probas; elevator peach e pechakuchas. E nós, as súas mestras titoras, non podemos estar máis orgullosas por este acto de valentía e por ser grandes á hora de comunicar.
Para a gran final contamos con dous expertos en comunicación; Rubén Bastón e Míriam Ferradáns, aos que queremos agradecer a súa colaboración de xeito desinteresad@..
Grazas alumn@s por estes momentos tan especias, onde nos demostrades que quedades con parte das nosas ensinanzas. Grandes e valentes! Orgullo de mestras!
O día da final, o xurado deliberou que as gañadoras foran Lola Davila de terceiro de primaria e Ángela Moldes de sexto. Noraboa rapazas, gran exposición !
Ningún comentario:
Publicar un comentario