luns, 18 de novembro de 2024

3,2,1...ACCIÓN!

Arrancamos un novo curso escolar de cine baixo o título 'Un cole de película!
Temos moitas ganas de aprender a escribir guións, a gravar, a iluminar escenas, crear decorados e moitas cousas máis! 
Non podíamos comezar doutra maneira este curso 24/25 que desfilando pola alfombra vermella do Torre Cela e posando no 'photocall' que Torriño nos tiña preparado. 



E como xa é tradición, damos a benvida ao curso cunha xornada de convivencia cargada de xogos de película para ir entrando no tema!



Coma, cada ano, aproveitamos a saída ao Fic (Festival Internacional de cine)en Bueu , como parte da motivación, para comenzar a traballar co noso PDI. Traballamos coas propostas antes e despois da visión e xa estamos preparados para comezar




Benvidos todos e todas a UN COLE DE PELÍCULA!






Ningún comentario:

Publicar un comentario