Amosando publicacións coa etiqueta curso2425. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso2425. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de decembro de 2024

Un Nadal de cine

Este trimestre foi unha verdadeira obra mestra. Como nunha gran produción cinematográfica, cada un de nós xogou o seu papel, contribuíndo co seu talento e dedicación para facer deste período algo inesquecible. Non faltaron as cantigas de Nadal pola parroquia, as curtas navideñas de cine mudo, e as nosas tradicionais postais para felicitarnos as festas cun guiño moi especial ao cine.







Ao máis puro estilo de Hollywood, cunha árbore de Nadal moi especial, decorada con  estrelas de cine de cada un das persoas que formamos este equipo, actores e actrices que, co seu esforzo e paixón, brilaron  neste trimestre.



                                            
                                            

                                      

                                           




Así damos por finalizado un trimestre de película! Que estas festas sexan tan máxicas como as mellores películas de Hollywood, cheas de ledicia, amor e momentos para recordar. 

Grazas coma sempre as nosas famili@s,  que nos axudan a proxectar  a mellor película e ao noso equipo directivo por dirixila.

                                            

                                                        Bo Nadal e Feliz Aninovo! Este curso será de película!













mércores, 18 de decembro de 2024

Carteleira de Nadal

 O alumnado de terceiro ciclo, traballou sobre o cine na actividade "Carteleira de Nadal". Cada nen@, investigou sobre unha película elixida . Agora todas as recomendacións, decoran o noso corredor nun curso de película. Se buscas recomendacións para desfrutar do cine, visita o noso cole!









Polo Nadal saímos ao cine

 

Para despedir este trimestre de película, fixemos unha saída ao cine de Pontevedra para desfrutar dunha comedia navideña, "Superklaus", onde se xuntan aventuras y fantasía.  A trama segue a Santa Klaus, quen tras sufrir un forte golpe na cabeza, esperta crendo que é SuperKlaus. Este incidente desata o caos no Polo Norte, e Frank Fafnir, un avaricioso fabricante de xoguetes, aproveita a situación para tomar o control do taller.

Se queredes saber se Billie, C.A.R.L.  e o elfo Leo, salvarán o Nadal ...ide ao cine!







Este curso será de película!


domingo, 15 de decembro de 2024

Coñecemos a Charlie Chaplin no contexto artístico

 Neste último plan do trimestre, coñecemos a historia de Charlie Chaplin, un dos maiores iconos do cine mudo,  que deixou unha pegada imborrable na historia do cine.  Chaplin non só era un actor excepcional, senón tamén un director, guionista e compositor brillante. A súa maneira de pensar e crear cine estaba profundamente influenciada pola súa visión humanista e crítica da sociedade.

A súa última película, "Candilejas" (1952), é unha obra mestra que reflicte a súa propia vida e carreira. Nesta película, Chaplin interpreta a un vello cómico que axuda a unha bailarina a recuperar a súa paixón pola danza. "Candilejas" é unha homenaxe á arte e á perseveranza, e destaca pola súa emotividade e profundidade.

Chaplin tamén foi vítima da persecución política nos Estados Unidos. Acusado de simpatizar co comunismo, foi forzado a abandonar o país en 1952 e establecerse en Suíza. A pesar desta inxustiza, a súa contribución ao cine foi recoñecida en 1972, cando recibiu un Oscar honorífico pola súa "incalculable contribución ao cine do século XX".



A súa obra e legado continúan a inspirar xeracións de cineastas e espectadores, e tamén a nós, que aproveitamos  para facerlle unha homenaxe no Nadal, por celebrarse o 25 de decembro o aniversario da súa morte.

E nos puxemos mans á obra para facer un storyboard e gravar escenas mudas ambientadas no Nadal. 

Un storyboard é unha ferramenta visual que se utiliza para planificar e organizar unha historia, especialmente no cine e na animación. Consiste nunha serie de debuxos ou imaxes que representan as escenas clave dunha historia, acompañadas de descricións e diálogos.





Chaplin demostrou que o cine pode ser unha poderosa ferramenta para a reflexión social e a expresión artística, deixando un legado que perdurará para sempre.

sacarsacar

Este curso será de película!

Visita de Gaspar Broullón

O 13 de decembro recibimos a visita de Gaspar Broullón, un destacado cineasta galego, recoñecido polo seu traballo como realizador, editor e produtor audiovisual. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén obtivo un Diploma de Estudos Avanzados en Comunicación e Xornalismo.

Broullón especializouse na dirección e produción de documentais e programas de televisión, e é profesor asociado de Realización Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Entre os seus proxectos máis destacados atópanse "Eroski-Paraíso", "Beiras.Vivir2veces" e "Manoliño Nguema", así como as series "Rapa" e "Hierro", esta última galardoada con numerosos premios pola súa montaxe.

A súa traxectoria profesional reflicte unha profunda paixón pola narración de historias, e a súa contribución ao mundo audiovisual galego é amplamente recoñecida e valorada.








Para comezar a visita, deu a benvida a todo o alumnado na biblioteca e  falounos  sobre o seu traballo e traxectoria. Nunha segunda sesión, tivemos o privilexio de visualizar as curtas gravadas para analizalas con el, e seguir mellorando. A continuación pasou por Radio Faladoiro, non perdades  a entrevista tan interesante que compartiu con nós.



Grazas Gaspar por contribuír a un curso de Película!

mércores, 11 de decembro de 2024

Actividades do Proxecto 2º E.P.

Seguimos coa investigación sobre o cine, nesta entrada, facemos visible os proxectos dos alumn@s de segundo de primaria, que logo dun gran traballo, plasman os seus resultados.




Facemos, manualidades, investigación e xogos para ser uns bos actores e actrices. 





Unha das propostas, foi facer un taumátropo.O traumátoropo é un dos primeiros aparellos ópticos empregados para crear a ilusión e o mvemento, e ten unha relación directa co cine. Inventado no século XIX, consta dun disco cunha imaxe diferente a cada lado de dúas cordas. Ao xirar rapidamente o disco, as dúas imaxes combínanse nunha soa debido á persistencia da visión, fenómeno fundamental no cine.

Cada semana, na hora de biblioteca, len sobre cine, e fan actividades moi divertidas para coñecer   este marabilloso mundo.

Seguiremos ensinando as nosas propostas. Este curso será de película!

luns, 9 de decembro de 2024

Un contexto científico de película

En cada contexto tentamos facer actividades relacionadas co proxecto. No recanto creativo do Contexto Científico fixéronse curtametraxes coa técnica stop motion, foto a foto. Os decorados se deseñaron co procedemento de separación de mesturas chamado cromatografía, onde se usa o alcohol como disolvente e se separa unha mestura homoxénea, como é a tinta, nas súas distintas compoñentes. 




O curioso efecto fai que aparezan novas cores e que se arrastren pola capilaridade da auga, dando lugar a un efecto moi artístico.

   

Quedaron uns traballos de película!

Novembro mes da ciencia

 

Este novembro, celebramos o mes da ciencia cunha serie de experimentos fascinantes que nos axudan a entender mellor o mundo que nos rodea. Este curso, centrámonos en explorar a luz, o son, as imaxes e as cores, e descubrimos como estes elementos están estreitamente relacionados co cine.

A través de experimentos con prismas, aprendemos como a luz se descompón en diferentes cores, creando efectos visuais sorprendentes que se utilizan nas películas para engadir dramatismo e beleza. Tamén investigamos como o son viaxa e como diferentes frecuencias poden cambiar a nosa percepción, algo fundamental na creación de bandas sonoras e efectos de son no cine.



Ademais, exploramos a creación de imaxes en movemento, entendendo como a combinación de fotogramas pode dar lugar á ilusión de movemento, un principio básico do cine. E, por suposto, xogamos coas cores, vendo como a mestura de diferentes tons pode evocar emocións e atmosferas específicas nas películas.

Este mes da ciencia foi unha oportunidade marabillosa para conectar a aprendizaxe científica co mundo máxico do cine, demostrando que a ciencia e a arte están máis interconectadas do que pensamos. 

 

 Este curso será de película!



domingo, 8 de decembro de 2024

Lanterna máxica no Contexto Artístico

Unha das técnicas usadas para contar historias con imaxes nos principios do cine era a LANTERNA MÁXICA. No contexto artístico producimos as nosas propias historias e gozamos contándoas aos nosos compañeiros e compañeiras. 

Primeiro preparamos o guión, as escenas e os personaxes. 





A continuación facemos probas para ver se o resultado é o desexado. 


E...chega o momento de estrear a nosa historia! 3,2,1...ACCIÓN!