Comezamos un novo curso cheo de ilusións aventuras e moita maxia, onde os soños serán protagonistas no novo proxecto anual que leva por título" A torre encantada dos soños". Desde a nosa biblioteca, seguiremos compartindo lecturas aprendizaxes e encontros.
A torre encantada dos soños, será o noso refuxio imaxinario, un espazo máxico onde a fantasía se mestura coa creatividade e onde cada un de nós deixará a súa pegada soñadora.
Para dar a benvida ao curso, a nosa directora deu un emocionate discurso que nos fixo reflexionar sobre os conflitos inxustos e os atentados medioambientais acontecidos nas vacacións... e así, comezamos a soñar cun mundo máis xusto. Logo da presentación do profesorado tivemos unha mañá chea de obradoiros no que non faaltaron nin maxia nin soños.






Preparade as vosas variñas máxicas porque a Torre encantada dos soños xa abriu as súas portas. Benvidos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario