sábado, 27 de setembro de 2025

Presentación do programa T+t

Para comenzar o curso, fixemos unha actividade de presentación do programa T+t, un programa que pretende mellorar a convivencia no noso centro. A actividade consistiu nun acto no que se nomeraon os padriños do alumnado e no que  grupo saíu a recoller o seu carné e a facer a presentación  oficial. 

Para comezar a boa convivencia,  comezamos traballando unha proposta da  profe Mariló relacionadas co noso proxecto, " Torre Encantada dos Soños", onde soños e maxia son os protagonistas.

Por parellas tiveron que plasmar con moita creatividade un soño común e buscar algún truco de maxia para expoñer aos compañeiros, unha boa forma de comezar a coñecerse. Aquí vos amosamos algúns dos momentos vividos.






Que a maxia continúe!


Ningún comentario:

Publicar un comentario