mércores, 4 de marzo de 2026

Un Entroido con moita maxia

Como se dunha chisteira saísen os coellos dun mago, así apareceu a cativada de Infantil para darlle a benvida ao Entroido. Entre ilusións, sorrisos e moita fantasía, o patio do colexio transformouse nun escenario máxico.

Harry Potter abriu as portas a un bosque encantado no que habitaban fadas, trasnos, elfos e gnomos seguidos de personaxes saídos das películas O Mago de Oz e Wicked, enchendo cada recuncho de cor, música e fantasía.

O colexio enteiriño converteuse nun lugar, onde a imaxinación era a mellor varita e cada neno e nena, un pequeno feiticeiro capaz de facer realidade o imposible.

Todo o alumnado pasou polo esceario para entoar as cancións do proxecto, creadas con moita maxia polo profe Jose, para rematar cunha degustación de doces típicos aportados polas familias, que nos acompañaron neste día tan especial









Podedes escoitar  o programa de radio de Entroido, que gravaron os alumn@s de primeiro e segundo nos obradoiros de linguas.

Durante toda a semana estivemos atentos aos mandadiños de Torriño.









Pechamos unha época chea de maxia, pero xa estamos argallando un plan, porque a Torre Encantada dos Soños non descansa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario