Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller, día no que queremos facer visibles os dereitos das mulleres. Cada 8 M se conmemora a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, un día para recordar todos os avances e tamén para reivindicar o traballo que aínda queda por facer ante as desigualdades que continúan producíndose entre homes e mulleres en todo o mundo. E que mellor maneira de facelo que desde a escola, coñecendo historias inxustas de mulleres que simplemente polo feito de selo, o tiveron moi difícil ao longo da súa vida.
Escoitade desde Radio Faladoiro a fermosa reflexión en forma de manifesto que realiza o noso alumnado de sexto de primaria.
Quixemos visibilizar o noso traballo na prensa e aproveitamos tamén para celebrar esta data .O noso traballo centrouse en tres mulleres: Maruja Mallo, Xulia Minguillón e Isabel Zendal. Coñecemos a vida delas facendo investigacións e traballos para os medios de comunicación e elaborando noticias en prensa, radio e televisión.
Tampouco faltaron outro tipos de murais onde se quere sensibilizar contra os esteriotipos, murais artísticos, flipbooks e traballos plásticos, todo isto relacionado co noso Proxecto SuperARTE.
E por suposto que pasamos por Radio Faladoiro, Aquí vos deixamos os nosos programas.
No seguinte vídeo podedes visionar o traballo realizado polo alumnado de terceiro e cuarto sobre Xulia Minguillón.
Torriño nos fixo unha fermosa selección de libros nos que investigar e traballar sobre Mulleres, así como de contos relacionados coa temática. Pasamos pola biblioteca para contar e desfrutar!