Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de decembro de 2024

Novembro mes da ciencia

 

Este novembro, celebramos o mes da ciencia cunha serie de experimentos fascinantes que nos axudan a entender mellor o mundo que nos rodea. Este curso, centrámonos en explorar a luz, o son, as imaxes e as cores, e descubrimos como estes elementos están estreitamente relacionados co cine.

A través de experimentos con prismas, aprendemos como a luz se descompón en diferentes cores, creando efectos visuais sorprendentes que se utilizan nas películas para engadir dramatismo e beleza. Tamén investigamos como o son viaxa e como diferentes frecuencias poden cambiar a nosa percepción, algo fundamental na creación de bandas sonoras e efectos de son no cine.



Ademais, exploramos a creación de imaxes en movemento, entendendo como a combinación de fotogramas pode dar lugar á ilusión de movemento, un principio básico do cine. E, por suposto, xogamos coas cores, vendo como a mestura de diferentes tons pode evocar emocións e atmosferas específicas nas películas.

Este mes da ciencia foi unha oportunidade marabillosa para conectar a aprendizaxe científica co mundo máxico do cine, demostrando que a ciencia e a arte están máis interconectadas do que pensamos. 

 

 Este curso será de película!



mércores, 23 de novembro de 2022

Teatro na ciencia

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío



Chegou novembro o mes da ciencia, e na biblioteca do Ceipp Torre Cela seguimos os consellos de José Tubío, así que vos imos contar ciencia pero facendo   moito teatro.Tal e como di o manifesto deste ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica", abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Pronto vos ensinaremos o resultado final que estamos seguros vos encantará, mentres tanto un anticipo.





Arriba o telón!


venres, 11 de decembro de 2020

Novembro mes da ciencia

...Chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como fuciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso


Como todos os anos, a Institución Galega de ciencia, propón dedicarlle o Mes  da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego. O estranxeiro este ano é Robert Koch, microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxía, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1.905. O científico galego escollido foi Ernesto Viéitez Cortizo que se ocupou da fisioloxía vexetal. 

A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que por riba de todo, é unha maneira de pensar...Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, porque a ciencia fala todos os idiomas, segundo o manifesto deste ano.

A nosa biblioteca escolar súmase a celebración do mes da ciencia en galego.




Durante este mes nos convertemos en supercientíficos. Aquí vos deixamos un resumo en vídeo de todas as nosas actividades que relacionamos coa nosa PDI superARTE!!

sábado, 7 de decembro de 2019

MALETA CFR

No mes de novembro tivemos unha maleta do CFR: "Esero. Kit para el aula. Del espacio al aula". Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria traballaron con ela no Contexto Humanístico, no recanto "Experimentamos". Realizaron dúas experiencias: 
- Construir un cricuíto eléctrico comprobando se acende a bombilla (condutor) ou non (illante)
- Aproximar un imán a diferentes materiais e comprobar se existe atracción ou se repelen.







Moitas grazas CFR pola maleta!!!



domingo, 1 de decembro de 2019

ÚLTIMOS EXPERIMENTOS NA BIBLIO

Esta semana fixemos os últimos experimentos na biblioteca. Inflamos globos con peta zetas e coca cola; fixemos burbullas hexagonais e saímos ao patio para facer unha explosión con bebida con gas e mentos. Foi moi divertido ser científicos!!!







domingo, 24 de novembro de 2019

MÁIS EXPERIMENTOS NA BIBLIO

Seguimos facendo experimentos de superpoderes na biblio. Esta semana fixemos varios:
- Xiramos unha tuerca hexagonal  e unha bola dentro dun globo e observamos as diferentes ondas sonoras que producen. No caso da tuerca escoítase un chillido como cando voa un superheroe como "Flash".



- Creamos areas movedizas nas que os superheroes non se afundiron.


- Fixemos pequenas explosións nas que mesturamos diferentes substancias químicas.


Tamén vimos algúns fragmentos dunha película relacionada coa ciencia: "Océanos"




domingo, 17 de novembro de 2019

RECREOS NO MES DA CIENCIA

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Dentro do noso proxecto: I´ve got the power" desenvolvemos os superpoderes científicos. Este mes o adicamos ao científico Bruce Baner, que cando se enfada se convirte en Hulk. Polo que estamos aprendendo a importacia do autocontrol, do que vos contaremos máis adiante.
Esta semana tivemos experimentos na biblio, cos mestres comprobamos a invisibilidade dos superheroes como Ironman, Hulk... debido ao fenómeno de refracción da luz. Tamén tivemos a visita dunha mamá coa que cambiaron de tamaño nano partículas de ouro e crearon una lámpada de lava.
Moitas grazas por vir e seguimos experimentando!!!












mércores, 13 de novembro de 2019

RECREOS NO MES DA CIENCIA

Durante este mes de novembro: "Mes da ciencia en galego" teremos experimentos para os alumn@s coa colaboración dos mestres e das familias. E tamén faremos visionado de fragmentos da película: Océanos. Animádevos a vir!!!


martes, 18 de decembro de 2018

INVESTIGACIÓN DOS MURAIS DO MES DA CIENCIA

Os alumn@s, durante estas semanas antes do Nadal, están visitando a exposición dos experimentos que fixemos no mes de novembro. Despois de ver os traballos dos seus compañeiros teñen que cubrir unha ficha, na que porán que experimento lles gustou máis.
Se queredes ver os experimentos que gravamos nas aulas, no seguinte enlace os tedes: vídeos dos experimentos