Amosando publicacións coa etiqueta xeografías lectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeografías lectoras. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de abril de 2021

CREAcción Día Do Libro 2021

E participamos na acción creativa proposta por asesoría de bibliotecas escolares, quen seguindo o lema deste curso, Xeografías Lectoras, nos invitan a trazar camiños percorrendo o espazo lector. E así o fixemos no Ceip da Torre Cela, promovendo actividades creativas para chegar a construción da persoa lectora desenvolvendo recursos que promoven a creatividade na nosa biblioteca:

CREAcción de maracapáxinas, murais e carteis motivadores sobre á lectura,


 

  

CREAcción de Lapbooks  de libros relacionados co PDI  ou importantes para o alumnado durante o presente curso escolar,

      
     

 

CREAcción de vídeos a partir dun conto,  


CREAcción de programas de radio,

CREAcción de BOOKTOUBERS, 

CREAcción de xogos sobres libros: O TABÚ


C
CREAción de actividades para coñecer grandes obras da historia da literatura,

  


CREAcción de grandes contadores coas actividades de Hoxe no patio Libro e Apadriñamento lector...,



para chegar a construír GRANDES LECTORES.

       
           

  


  

Descubrindo a arte da literatura, SuperARTE!














xoves, 21 de xaneiro de 2021

Contexto lingüístico. Arte e Paz

 Durante este mes de xaneiro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria, traballamos nun novo contexto lingüístico centrado na celebración do día da Paz. Para elo enlazamos a temática coa nosa PDI SuperARTE,  e investigamos a personaxes coñecidas pola súa implicación no rexeitamento de inxustizas sociais. Coñecemos  a Concepción Arenal na literatura,a  Picasso, na pintura,  coa tan coñecida pomba da Paz nos seus cadros, Jhon Lenoon como músico e a estatua da Liberdade.

Reproducimos un cadro de Bansky, artista urbano, famoso por no coñecerse a súa identidade centrado en visualizar problemas sociais inxustos. En cada corazón puxemos palabras que desprenden Paz e imaxes relacionadas coa mesma.

  


                                                       

No recanto creativo traballamos o cómic e  no recanto Faladoiro pasamos pola nosa biblioteca para escoller fermosos libros e crear  historias cos títulos; unha actividade centrada  no tema da bibliotecas escolares deste ano, Xeografías Lectoras. Aquí vos deixamos algúns dos enlaces. 


SuperARTE!

mércores, 16 de decembro de 2020

Un Nadal para contARTE!

E xa saíron ás nosas recomendacións lectoras para este Nadal. Entre os agasallos para recibir non pode faltar a arte da literatura. E nós, quixemos facer a nosa propia selección de libros. Están clasificados por idades e engadimos dúas seccións; unha que é para todo o alumnado e outra recomendando libros dos artistas da nosa localidade: Luís Davila, Míriam Ferradáns e Marc Taeger.

       

E seguimos co noso calendario de advento, que está a ser todo un éxito entre o noso alumnado.

 

Nesta ocasión vos ensinamos a actividade realizada por cuarto de educación infantil con " Soños de neve". Durante a lectura, os cativos interactuaron cos animais da granxa. Despois decoraron unha árbore coma a do conto con gomets.

      

En cuarto de primaria tocou "Perro Apestoso Feliz Navidad!" Según nos contan os nen@s de cuarto de primaria, en canto empezaron a ler, escacharon coa risa. Resulta que Perro Apestoso cheira moi mal e só ten un amigo, o Gatochato. Buscan un sitio onde pasar o Nadal pero téñeno moi difícil. E mentres pásanlle unhas cousas....

Recoméndannolo para que o leamos neste Nadal en familia!  

    


  
 

En quinto de primaria tamén desfrutando do seu conto na biblioteca.


Xa vedes que temos un Nadal cheo de ARTE. Na seguinte publicación vos ensinaremos unhas actuacións moi especiais que estamos a preparar con moito agarimo, utilizando as posibilidades da nosa biblioteca. 
SuperARTE!






venres, 4 de decembro de 2020

A arte da literatura: advento de conto



Neste Nadal no Ceip da Torre Cela temos moito que contARTE. Preparamos un calendario de advento con contos. Ten forma de Arbore e está feito con bolsas decoradas. Cada curso ten asignada a súa bolsa con lecturas de Nadal e/ ou de valores. Cada día na biblioteca temos contos, actividades de animación á lectura, manualidades, gravación de vídeos ou fragmentos na radio. Unha actividade que encaixa coa temática das bibliotecas escolares,  xeografías lectoras e que nos fan desfrutar da nosa biblioteca  a diario.

    
  
  
   


SuperARTE!









domingo, 8 de novembro de 2020

CONTEXTO LINGÜÍSTICO 5º E 6º CREAN...LITER-ARTE!!!

Os nenos de 5º e 6º traballaron algúns aspectos da literatura durante o segundo plan do contexto lingüístico e crearon LITER-ARTE!!!
Por iso, crearon CÓMICS TERRORÍFICOS por grupos cooperativos, coñeceron e traballaron literatura de tradición oral, como as LENDAS, os MITOS e as FÁBULAS...Creando as súas historias propias do MAGOSTO...
E fixeron LITER-ARTE para celebrar o día das bibliotecas escolares, facendo honra ao seu lema deste ano, "XEOGRAFÍAS LECTORAS", creando LIBRO-HISTORIAS a partir de títulos de libros! Podedes velas nestes enlaces de youtube:

  


 

E pasamos por Radio Faladoiro. A continuación podedes escoitar as historias:

A seguir creando e aprendendo, SUPERARTISTAS!!!

venres, 23 de outubro de 2020

Día das bibliotecas escolares

Hoxe celebramos o día das bibliotecas escolares. Todos os cursos pasamos pola biblioteca seguindo as normas de utilización que marca o protocolo COVID.

 

É o primeiro ano que o celebramos coa nova biblioteca e non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer un conto entre tod@s os nenos e nenas da escola, que a súa vez encaixa dentro do lema deste curso das bibliotecas escolares: XEOGRAFÍAS LECTORAS. 

Torriño, o guardián das palabras nos ensina cada un dos espacios da nosa biblioteca. 

Un soño feito realidade!

Pasamos pola biblioteca para ver o produto final do conto, ver unha presentación sobre a mesma e deixar as nosas suxestións sobre contos e melloras no buzón de Torriño.     Non podemos deixar a ocasión para agradecer a cada un dos que nos axudastes a conseguilo: a direción xeral de centros, a asesorías de bibliotecas, ao equipo de biblioteca do cole e profes colaboradores, ao equipo directivo do centro, aos pais e nais que nos axudaron na montaxe da caixa de luz, Javier (pai de Pedro 3º), José e Sergio ( pais de Cesáreo e Helga de 5º), e, pola decoraciónartística, a Mary e Luís Davila ( pais de Roi 4º e Lola 1º). GRAZAS GRAZAS GRAZAS!!!