sábado, 5 de xuño de 2021

5 de xuño, Día do Medio Ambiente

 Hoxe, 5 de xuño,  se celebra o día do Medio Ambiente. Durante moito tempo estivemos explotando e destruíndo os ecosistemas do noso planeta. Case cada tres segundos pérdese unha superficie de bosque equivalente a un campo de fútbol. A perda dos ecosistemas, as emisións globais de gases e o cambio climático son factores que non axudan ao Medio Ambiente.A aparición da Covid 19 tamén demostrou o desastrosas que poden ser as consecuencias dos ecosistemas. Ao reducir a área de hábitat natural para os animais, creamos condicións ideais para que os patóxenos se propaguen.

Vos deixamos o traballo realizado polo alumnado de sexto para a conmemoración deste día. Todos xuntos podemos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario