luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro é o Día da Paz e no noso colexio o celebramos este luns. Nas aulas estivemos traballando "O lápis máxico de Malala" e "Wangari y los árboles de la paz". Lemos os contos, decoramos lápices, fixemos árbores da paz traballando a simetría e xogamos co robot.






Non faltaron manualidades e colgantes para que todo o mundo saiba que somos defensores da Paz.

Na entrada do colexio fixemos unha árbore pola paz coas nosas máns e fixemos grullas, despois de escoitar "A lenda das 1000 grullas".



O celebramos no patio todos xuntos escoitando o manifesto elaborado polos nen@s de 4º de Primaria, cantando a canción de "Madre tierra" e tomando un chocolate pola Paz.





Non deixedes de escoitar o manifesto pola paz en Radio Faladoiro!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario