domingo, 16 de xaneiro de 2022

Premio innovagal na modalidade de centro

Queremos compartir con vós a noticia da obtención deste premio, onde a biblioteca ten un gran protagonismo, ao converterse en eixe vertebrador das aprendizaxes, ao redor dun tema común, con temática diferente ano tras ano, onde se aproveitan todas as posibilidades que esta nos ofrece, sumándonos aos programas de Radio na Biblio e Biblioteca creativa.

O noso modelo pedagóxico está basado en metodoloxías activas onde o alumnado é o protagonista da súas aprendizaxes. A eles lles damos voz no Consello Escolar infantil, e todo é posible grazas a implicación do profesorado tanto nas liñas de formación de PFPP, como na transformación da metodoloxía de centro, ao dar vida aos proxectos dos contextos de aprendizaxe: matemático, científico, lingüístico e humanístico.

  

  

    

    

A mellora nos patios, a creación do programa T+t para a mellora da convivencia, a implicación e colaboración das familias, persoeiros da contorna, autores, ilustradores e artistas,  tamén forman parte das aprendizaxes.

Desde que a biblioteca se converte no eixe vetebrador da vida no centro, algo comeza a cambiar na nosa escola. E desde aquí queremos agradecer aos asesores de biblioteca, aos compañeir@s que comparten as súas experiencias nas formacións e a todos os que nos axudastes neste camiño.

Por suposto, GRAZAS  a toda a comunidade educativa, sen dúbida o mellor agasallo para o  aniversario do cole, 50 anos de vida!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario