domingo, 11 de decembro de 2022

Contacontos 25 N con Uxía Morán

Recibimos a visita da actriz Uxía Morán, grazas ao concello de Bueu, que a través dos contos nos fixo reflexionar moito sobre a igualdade. Porque o rosa non é de nenas, nin o azul de nenos; porque na casa temos que colaborar tod@s; porque cada un elixe os xoguetes que lle gustan, e a roupa....e .... que cada quen sexa como quere ser.

                    


           

             

              

               

 Seguimos traballando a igualdade, iso o facemos cada día na escola, pero hai ocasións que son especiais, e hoxe foi unha delas. 
Non desaproveitamos o momento para facer un pouco de teatro.
Grazas concello de Bueu. Arriba o telón!


Ningún comentario:

Publicar un comentario