O martes 20 de decembro abrimos o telón coa representación teatral de Conto de Nadal de Charles Dickens escrito no ano 1.843. Fixemos unha adaptación do guión á nosa contorna e non faltaron os doces típicos, os aires do "Morraso", o bacallao con coliflor, o Scrooge armador roñoso...e todo integrado dentro dun musical no que fomos introducindo actuacións de tod@s os cursos.
Como a ocasión o merecía, a representación tivo lugar no Centro Social de Bueu grazas a colaboración do Concello. Tamén contamos coa axuda desinteresada de pais e do equipo Sonoros.
Coa mensaxe de que a esperanza dos nen@s será sempre a esperanza dos adultos, Dickens profundiza en valores esenciais como a bondade, a empatía e a solidariedade cara aos máis necesitados. E aproveitamos a ocasión para traballar transversalmente.
Cun gran esforzo por parte do equipo de profesor@s e dos actores e actrices, foi un gran éxito, un día para non esquecer...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiyREvnZyBdvvMYXi8lXSCcUbXiAi2hX9koHSKjFvcJSoZCas1lu8GXAitDWgvvIw2m6O6aiRzsmiGoeNOKZ1sy07mZwmUFREuxfIvBtws5LhdRmSbfd2ZX2JLnlrothS54Lmo4-j_zEaDK8j8mILM46x_XxCkAx3hJ7HDWF0aqVn_oO4Go_bweBsuUYg/s320/IMG-20221220-WA0041%20(1).jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjsvsPiz9zlJbRr13rSlslku9fqG-45XEvbAdikrD8_lIND0bHxuESzNYrMmZvCzArBFD77hfl61paf9kFZrk7LoS65K4MWjzaS0GMd-XM97_Oy1dUSYj5mCn82RYFUyI3t4BbTl628CpS-DrxxRw77lk6FsrAj1gyGbesrJ1rMkp4SR4u2J3zJf2p5OA/s320/IMG-20221220-WA0041.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiYDEgXclLwTAwdErGXJ5LhbknbUrBe7oE7ki6rQs3airXaYvuUSb0spxm9B3Tk5slLPIOROSr0IJxIe5ARFbqcOKfXLb0-dlRouaIa8Kko2S43fno1bzDAClAaJNvxlrVHzu5T8tMtZx3cJsw5BAhJrSNJzMXNAIGmDRtvu9kmkDiCIMatdV9g58FAAQ/s320/20221220_121634.jpg)
Non queremos desaproveitar a oportunidade para desexarvos a tod@s un Bo Nadal e un Feliz 2023 e... MOITO MOITO TEATRO!. ARRIBA O TELÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario