luns, 30 de xaneiro de 2023

Traballamos pola Paz: 30 de xaneiro, día da Paz

Durante este mes de xaneiro, no contexto lingüístico traballamos  baixo o título: Falemos de Paz. Fixemos obras de teatro, programas de radio, investigación de premios Nobel,  murais creativos, reportaxes para edición de vídeos e presentacións con aplicacións informáticas.

Aquí,  unha mostra do noso traballo en imaxes.













Nestes vídeos podedes visualizar algúns  fragmentos da obra de teatro"Greta e os xigantes"    


Tamén podedes desfrutar coas reportaxes sobre a Paz, coas montaxes   realizadas polo alumnado de quinto e sexto.

 

 


Seguídenos en Ivoox, en   radio Faladoiro. Neste enlace,  un dos programas inéditos dos alumn@s de terceiro e cuarto.

Greta e os xigantes, é a historia  de Greta Thunder, activista medioambiental sueca e chegamos á conclusión de que si coidamos o planeta, iso tamén é PAZ. Fixemos moito treatro e pasamos por Radio Faladoiro cun grupiño de nen@s de cuarto de primaria.



O alumnado de terceiro foi o encargado de realizar o Manifesto para conmemorar o  Día Paz, cunha gran reflexión final: o día da Paz  conmemórase hoxe pero a Paz  contrúese cada día.


 
                                                                         FELIZ DÍA DA PAZ!

Ningún comentario:

Publicar un comentario