venres, 17 de febreiro de 2023

Arriba o telón: Entroido no Torre Cela

 Logo dunha semana de moito traballo  de investigacións e instrucións cos mandadiños de Torriño, chegou o gran día . Nos plans de traballo dos contextos de aprendizaxe fixemos traballos coas típicas  máscaras de Galicia, cartaces informativos das personaxes do Entroido,  teatralizamos receitas de doces típicos e investigamos a relación do noso disfrace co teatro.







Desfrutamos dun gran desfile  a cargo de todo o alumnado do colexio. O tema viu marcado polo Teatro e puidemos ver aos  mimos de infantil, marionetas en primeiro e segundo, arlequíns en terceiro e cuarto e a pantasma de ópera os alumn@s de quinto e sexto. Tod@s os grupos se converteron en comparsas,  coas letras das cancións  adaptadas a temática do noso proxecto.




A actuación dos arlequíns en video:


As familias que puideron,  nos acompañaron e tod@s colaboraron na aportacións de doces típicos de Entroido que degustamos no patio.

                                               

Os máis peques pasaron por Radio Faladoiro para contarnos como se celebra o Entroido. 

Seguídenos en Ivoox!

Agora nos toca coller forzas para  rematar o trimestre. Voltamos coas pilas ben cargadas. Arriba otelón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario