O 17 de maio deste 2023 cumpríronse 60 anos do 1º día das Letras Galegas. Precisamente o homenaxeado, Francisco Fernández del Riego foi o inventor desta celebración. Activista, intelectual, presidente da Real Academia Galega, gran impulsor das letras e da cultura galega moderna e cofundador da Editorial Galaxia. Recibe este homenaxe por estas e moitas máis razóns, pero en especial pola súa labor de editor.
Rike escribiu" a verdadeira patria dos homes é a súa infancia"
E nós, botamos atrás a memoria para rescatar, traducir e editar en formato teatral contos clásicos con tramas máis modernas. O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas por todo o alto, cunha representación que veu ser o produto final do noso PDI "A noite dos contos estilo Cela", cun fío condutor narrado polo alumnado de sexto, cada nivel versionou e adaptou ao teatro un conto. O traballo posou pola aprendizaxe do guión, a posta en escena, a confección de vestiario e atrezzo, a montaxe, a iluminación, o son, a edición de carteis e entradas ... un espectáculo completo que quere por o broche de ouro a este proxecto que tanto nos deu. ARRIBA O TELÓN!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgeGd_x_TkvfoQ5dv8zegGDc7cZUfwHeaVdq1PNyWzMfhV9HpWCjDaRZBZ3iFHWLYWny57hxyzZ7JD7irstzV4_vACNxYedyaB94lvWxcuTRt2njESpNUXC8OReRuOXOn7V7648wqDD8Ny-zNvI7zlRftTD_6s10De71sT8CoSbcpeFXN57--rIlmXyJw/s320/IMG_20230516_091105.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWF-wwYGERBHEhdHOOwv5Xbh7CI8QbaofFl2_-bF6-Vfl-8TDXmAxikMark556S8iWPnsK0qTC5p9eY_604rmQrcaVfaUsuUhqnrUb6udC_bkVtdwgOAxB2znwYBfywUvHH5gD-7P5OO16frIZOOzeTe9xpxVupW3rE-n6yrDfFRGZFnN2Dpd39sfqtQ/s320/IMG_20230516_091115.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario