luns, 31 de marzo de 2025

Encontro do club de lectura do 2º ciclo

Estes días fixemos as xuntanzas dos clubes de lectura. Por unha banda, reuníronse os nenos e as nenas de terceiro e cuarto de primaria, logo de ler Dona Problemas, unha obra literaria do Hermatocrítico. 

O libro conta as aventuras de Dona Problemas, unha protagonista única, enfrontada ás situacións máis divertidas e inverosímiles. A través do humor, a perspicacia e unha boa dose de ironía, o autor consegue abordar temas do día a día dende unha perspectiva orixinal que fai reflexionar mentres arrinca sorrisos.

Os membros do club destacaron a habilidade do autor para conectar cos lectores. Ademais, falaron sobre como as historias de Hematocrítico inspiran unha paixón pola lectura e pola creatividade.

Unha vez máis, os libros de Hematocrítico demostraron ser unha elección perfecta para fomentar a lectura compartida e o debate, deixando a todos ansiosos pola seguinte obra que poidamos descubrir xuntos.

No encontro fixemos un mural onde plasmamos aos personaxes, os momentos favoritos e as emocións que nos tranmitiu esta lectura. Como colofón ao noso encontro, creamos unha chapa na que aparece a portada do libro e realizamos un sorteo dos exemplares que utilizamos para ler.





Vémonos no seguinte encontro!



Ningún comentario:

Publicar un comentario