luns, 31 de marzo de 2025

COMPOSITORAS DE CINE

Na aula de música, os alumnad@s de quinto e sexto embarcáronse nunha fascinante investigación sobre compositoras de bandas sonoras no cine. Este proxecto non só foi unha oportunidade para ampliar os seus coñecementos, senón tamén para dar visibilidade ao talento feminino nun campo tan importante como o da música para a gran pantalla.

A través deste traballo, os rapaces exploraron as traxectorias de grandes figuras como Rachel Portman, primeira muller en gañar un Oscar pola banda sonora de "Emma"; Hildur Guðnadóttir, recoñecida por "Joker" e "Chernobyl"; ou Anne Dudley, cuxas composicións para "The Full Monty" e outras obras marcaron historia. Descubriron o impacto destas mulleres na industria e como a súa música contribúe a crear emocións e a contar historias inesquecibles.

Ademais, escoitaron as bandas sonoras, reflexionaron sobre o seu papel nas películas e incluso se animaron a compartir as súas reflexións . Este proxecto, permitiu entender a relevancia da música no cine e o valor de recoñecer o talento feminino neste ámbito.

Este curso será de película!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario