domingo, 30 de marzo de 2025

Visitamos a TVG

O xoves 27 de marzo o alumnado de terceiro a sexto  descubrimos o fascinante mundo da Televisión de Galicia (TVG). Foi unha xornada chea de aprendizaxe. Comezamos a nosa experiencia visitando as instalacións centrais, onde descubrimos varias salas e platós de gravación.

A continuación, dirixímonos ao famoso Plató 1000, un dos espazos máis recoñecidos da TVG. Durante o percorrido, tivemos a sorte de  ver o corazón da acción, a sala de control e  visitar diferentes platós coma o de Luar, Land Rober ou o Rei da comedia. Descubrimos que é  importante que  técnicos e operadores traballen con tanta precisión para que todo saia perfecto.

Este tipo de experiencias permítennos coñecer de preto o gran esforzo que ao igual ca no cine,  hai detrás das cámaras e comprender mellor o mundo que vemos na pantalla. 

Grazas á Televisión de Galicia por abrirnos as súas portas e deixarnos descubrir os segredos da súa maxia!






Este curso será de película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario