luns, 14 de abril de 2025

Premios José Hermida en Radio Pontevedra

O venres 11 de abril visitamos radio Pontevedra, con motivo de ter participado nos Premios José Hermida.Os Premios José Hermida, están organizados por esta emisora e  recoñecen os mellores programas de radio escolar. Este concurso está dirixido a centros educativos  de Infantil e Primaria das comarcas de Pontevedra e arredores. O obxectivo é incentivar a creatividade e a participación do alumnado a través da creación de programas de radio con temáticas elixidas polos propios centros en colaboración con Radio Pontevedra.



Logo de levar oito  anos co noso proxecto de Radio Escolar, e tendo a radio integrada na nosa programación didáctica a diario, animámonos a participar neste concurso. Gracias a iso, tivemos  a sorte de visitar as instalacións e acudir en directo a unha mañá na Radio, na que nos sentimos protagonistas. Podedes escoitar o programa completo na seguinte ligazón:

https://cadenaser.com/audio/cadenaser_pontevedra_hoyporhoypontevedra_20250411_122637_135000?ssm 

Coma non podía ser doutro xeito, un dos nosos programas presentados está relacionado co noso proxecto anual, o cine. De momento, non o podedes escoitar porque todavía non hai gañadores, pero en canto poidamos o subiremos a nosa canle de ivoox.









Este curso será de película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario