Amosando publicacións coa etiqueta Rosalia de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalia de Castro. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de marzo de 2025

DÍA DE ROSALÍA

O Día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro porque coincide co aniversario do seu nacemento, en 1837. Nesa data veu ao mundo Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega e española. Esta conmemoración busca homenaxear a súa vida, a súa obra e a súa enorme contribución á cultura e á lingua galega, unha muller adiantada ao seu tempo, cuxa voz resoa máis forte ca nunca.

Rosalía foi moito máis ca unha escritora. Foi unha pionera que reivindicou a lingua galega nun momento en que estaba esquecida, devolvéndolle dignidade e identidade. A súa obra, marcada por unha sensibilidade única, abarca dende a beleza da paisaxe galega ata as inxustizas sociais que ela denunciou con valentía.

A través de libros como Cantares Gallegos e Follas Novas, Rosalía ensinounos a importancia de expresar quen somos e a loitar polos nosos valores. É un exemplo perfecto de como a cultura e a palabra poden transformar o mundo. Dende o noso colexio, queremos seguir os seus pasos, traballando por un futuro onde a nosa identidade, a nosa lingua e os nosos soños sigan brillando.

Así que,tomemos prestadas as súas palabras para lembrarnos de que a forza dunha idea pode cambiar todo. Rosalía, sempre viva na nosa memoria.

O equipo de dinamización da lingua traballou nun obradoiro creativo e os alumn@s de primeiro e segundo de primaria pasaron por Radio Faladoiro

 https://www.instagram.com/p/DGfu-OjIIjJ/?utm_source=ig_web_copy_link





Grande Rosalía, unha muller de película!

luns, 25 de marzo de 2024

Día da Poesía

Coa chegada da primavera celebramos o Día mundial da Poesía. No contexto lingüístico investigamos e falamos deste xénero en programas de radio que podedes escoitar en Radio Faladoiro: https://go.ivoox.com/rf/126334561 https://go.ivoox.com/rf/126334705 Utilizamos a imaxe de Rosalía para facer un collage con imaxes de conflitos e situacións que nos parecen inxustas e nos desagradan e baixo o lema "Que diría Rosalía?" creamos as nosas composicións poéticas.
Feli día da poesía!!

mércores, 1 de marzo de 2023

Día de Rosalía


Como cada ano, desde as nosas aulas lembramos a Rosalía, visibilizamos a súa obra, investigamos sobre a súa biografía e facemos as propostas que nos ofrecen os equipos de dinamización da lingua.

Porque o seu legado non pode quedar no olvido, porque non a esquecemos, porque o rexurdimento da nosa lingua llo debemos a ela, porque a súa obra é moi grande e ten que ser coñecida... porque non queremos esquecela...












Os maiores de 5º, tamén fixemos nubes de palabras con adxectivos e datos que definían a esta super escritora galega! Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

  
 

Os nen@s de sexto participaron na proposta do equipo de dinamización da lingua  baixo o título QUE DIRÍA ROSALÍA?


                                                                            Grande Rosalía!


mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía, RosaliARTE

Hoxe día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía porque ela é unha superheroína para a nosa lingua, As frases de Rosalía están cheas de metafóras que nos revelan unha muller soñadora, reflexiva e preocupada polas causas sociais. Rosalía tiña unha grande habilidade para a escribir. Moitas das súas obras están cheas de melancolía e tristura porque non tivo unha vida doada. Agora, cada 24 de febreiro, día do seu aniversario, a recordamos con grande ledicia por ser a protagonista no rexurdir da nosa lingua, o galego.

Míriam Ferradáns, a nosa poetisa buenense nos agasalla cunhas fermosas palabras de Rosalía que compartimos con vós. 

Recitamos,utilizamos o croma para facer coreografías,  traballamos con aplicacións coma wordart e  chatter pix e non faltaron recreacións artísticas da súa silueta. Vos amosamos parte do noso traballo,  RosaliARTE!

    


     




 




   

SuperARTE!