mércores, 17 de xuño de 2026

Romería máxica para despedir o curso

 Unha xornada chea de maxia e soños cumpridos para este curso que remata xa.


Xogos de auga, de música tradicional, de xogos cooperativos, dos de toda a vida, de pintar pedras máxicas que traen sorte e de comer en familia, todos xuntos baixo a sombra dos castiñeiros e carballos.

E como colofón final o ben que o pasamos cantando e bailando con Cé orquesta pantasma... pequenos e grandes arredor da música e a tradición galega. 

Grazas a todos por compartir unha xornada máxica!! Ata o próximo curso, desde a Torre Encantada dos soños!!!















"Bruxas e Dragóns" no club de lectura

 Última sesión de Club de Lectura deste curso!! O alumnado de 5º e 6º despiden o curso coa súa última reunión xuntas. Nesta ocasión desfrutaron do título "Bruxas e Dragóns" de Ledicia Costas, demostrando que ler é calquera cousa menos aburrido. 

"Bruxas e dragóns" recupera un formato que non  é moi habitual e que nos fascinou: o libro-xogo (ao máis puro estilo "Escolle a túa propia aventura"). Aquí, o lector é o verdadeiro protagonista e quen decide que camiño tomar en cada encrucillada.

Durante o debate púidose comprobar que ningún alumno lera a mesa historia!!

Ademais de divertirse, o alumnado fixo unha reflexión moi interesante sobre a dificultade de escribir unha historia así. Non é fácil poñerse a escribir e ter que deseñar un "mapa" de camiños que se cruzan, alternativas que teñen que cadrar e múltiples finais sen que a historia perda o sentido. 


Un aplauso colectivo para Ledicia Costas por crear este quebracabezas literario tan perfecto!!


A temática de bruxas, maxia e criaturas fantásticas foi un éxito rotundo, pero o que de verdade nos cautivou foi a adrenalina de elixir o noso propio destino. O veredicto final do club non deixa lugar a dúbidas: quedamos con moitísimas gañas de ler máis libros deste tipo.






martes, 16 de xuño de 2026

Club de lectura: Dona problemas, rescatadora de mascotas

 O pasado xoves vivimos un deses momentos que quedan gravados nas páxinas en branco do noso corazón. Reunímonos na biblioteca da  Torre Encantada dos Soños, para compartir as nosas impresións sobre un libro moi especial: Doña Problemas, rescatadora de mascotas.

Cando nos mergullamos nas páxinas de Doña Problemas, sabiamos que nos esperaba unha aventura divertida, pero o debate superou todas as expectativas. Os nosos  lectores encheron a Torre coas súas pasaxes favoritas e os momentos tan divertidos que Dona problemas sempre nos fai pasar.

Con este encontro pechamos un club de lectura  máxico na biblioteca da  Torre Encantada. O curso remata, pero as lecturas nunca morren. A mascota desta historia xa está a salvo, e os nosos libros... listos na estantería para a vindeira aventura!


Ata o vindeiro curso, lectores! O universo está cheo de historias, pero as máis bonitas son as que escribimos xuntos lendo.

martes, 9 de xuño de 2026

UN CAMPAMENTO MÁXICO

 O ALUMNADO DE PRIMARIA DO CEIP DA TORRE CELA VAI AO GROVE DE EXCURSIÓN

Os días 20 e 21 de Maio de 2026 o alumnado primaria marchou ao Grove ao campamento de Paisaxe 2.

Alí fixeron moitas actividades variadas e algunhas delas eran estas: unha velada pola noite, despois tamén había piscina, foron a unha praia privada e xogaron no auga, e por último despois de comer lle deixaron 1h e 30min de tempo libre.

Foron a divertirse, a pasalo moi ben, a durmir fora de casa e vivir novas experiencias.

As opinións dos alumnos de quinto foron en xeral positivas, o que máis lles gustou a maioria foi a piscina ou a praia privada.

Na praia había vistas perciosas ao paisaxe e as ondas chocaban forte contra as rochas. Alí fixeron un xogo co pano. Cando se bañaron o auga estaba moi boa

Na piscina tamén o pasaron xenial. Podíanse tirar de bomba e de moitas outras formas como de palillo e nadaron moito. Pasárono xenial xogando con outros nenos que non coñecían.

O mellor para outros nenos ou nenas foi pola noite na velada. Fixeron unha velada de quen asesinou o curmá de Pikachu. Despois fixeron equipos do 1 ao 6 con outros coles. Había distintos personaxes: un arxentino, un italiano, un chino, un marroquí, un mexicano, unha galega, e a inspectora. Despois de moitas voltas pola campamento deron coa asesina: a inspectora. 

Na noite os nenos e nenas pasáronse toda a noite falando e xogando nas habitacións sen que os monitores o souberan.

Pola mañá, para activarse un pouco despois da súper noite que pasaran, fixeron uns cantos bailes na herba.

Pasaron toda a mañá no campamento e despois foron a comer e deixáronlles tempo libre para xogar.

Finalmente, os monitores e as monitoras despedíronse deles e déronlles unha gorra como regalo.

Foi unha gran experiencia! O ano que ben seguro que os nenos e nenas queren volver.

TEXTO ELABORADO POLO ALUMNADO DE QUINTO DE PRIMARIA






domingo, 7 de xuño de 2026

E ti que pensas da igualdade?

 E ti, que pensas da igualdade? Baixo esta gran premisa reunímonos nunha xornada cargada de emoción, talento e, sobre todo, moito orgullo polo traballo do noso alumnado.

A Deputación de Pontevedra realizou a entrega de premios ás mellores propostas sobre igualdade presentadas polas escolas da provincia, e o noso centro volveu a casa con grandísimos recoñecementos!

Os nosos rapaces e rapazas amosaron unha sensibilidade e unha creatividade incribles á hora de abordar a igualdade de xénero a través de diferentes formatos:

 1º Premio (Categoría Individual - 2º Ciclo): gañado por Nuria, quen cativou ao xurado co deseño do seu cartel. Unha obra chea de mensaxe!


3º Premio (Categoría de Grupos - 3º Ciclo):alumnado de 5º e 6º de Primaria, que uniron as súas voces e reflexións para crear un fantástico e construtivo podcast. 


Máis aló dos diplomas e os galardóns, o día converteuse nunha auténtica xornada de celebración e convivencia.

Puidemos divertirnos e bailar ao son de Uxía Lambona e a Banda Molona, aproveitamos o momento para celebrar o aniversario dunha compañeira e, como broche de ouro, fixemos comunidade cunha deliciosa merenda colectiva.

Sigamos soñando coa igualdade día a día.

Premio no concurso de podcast "O vello dos contos"

 

Hoxe escribimos estas liñas co corazón cheo de ledicia e unha emoción difícil de agochar: fomos os gañadores do concurso  A vello dos contos!

Cando decidimos presentarnos a este concurso, tíñamolo moi claro: non iamos inventar nada novo, senón aproveitar o traballo que facemos cada día; ese esforzo diario, as horas de dedicación e o agarimo que lle poñemos a cada proxecto cun gran equipo detrás tanto de profes como de alumn@s. Pensamos que a mellor carta de presentación era, simplemente, amosarlle ao mundo o que facemos de luns a venres.

Presentamos un traballo por cada categoría e fomos finalistas nos dous proxectos presentados. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria redeu homenaxe á tradición oral galega a través da figura de Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, destacando o seu labor como narrador e gardián das historias populares. A través dun ton emotivo, pon en valor como os contos, transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, forman parte da mamoria colectiva e da identidade cultural, lembrando a importancia de seguir compartindo historias para manter viva a cultura.

O alumnado de 5º e 6º preparou un programa adicado ao Día do Libro achegando a lectura á cativada mediante diálogos e entrevistas. Pon o foco nos beneficios de ler, recolle opinións do alumnado e destaca o papel da biblioteca como un espazo de igualdade, aprendizaxe e imaxinación, animando aos oíntes a descubrir o pracer dos libros e a converter a lectura nun hábito cotián.

Nos ENLACES podedes ver o traballo realizado polo alumnado de terceiro a sexto de primaria





O día 8 acudimos a Santiago  de Compostela porque estabamos convocados como finalistas. E sudeceu algo máxico, como o que nos está deixando este curso; un ano cheo de maxia na nosa Torre Encantada dos Soños. Este premio é un recoñecemento a  un curso cheo de traballo e ilusión, e moito esforzo por parte do profesorado. Grazas compañeir@s por facer que os nosos soños se cumplan!





Noraboa ao noso alumnado por facer maxia coas súas palabras!

Gañamos o V Torneo Escolar de Oratoria!!!

O equipo Torre Cela gañou o V Torneo Escolar de Oratoria organizado pola Fundación Barrié. Estamos moi contentos por todo o traballado e todo o aprendido ao longo deste curso. 

A experiencia foi fantástica e todo o que nos levamos é positivo. Grazas a todos por facelo posible e, sobre todo, ao super equipo que traballou moi duro e con moito talento. 

Noraboa!!!