Amosando publicacións coa etiqueta contextoartístico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contextoartístico. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2026

E ti que pensas da igualdade?

 E ti, que pensas da igualdade? Baixo esta gran premisa reunímonos nunha xornada cargada de emoción, talento e, sobre todo, moito orgullo polo traballo do noso alumnado.

A Deputación de Pontevedra realizou a entrega de premios ás mellores propostas sobre igualdade presentadas polas escolas da provincia, e o noso centro volveu a casa con grandísimos recoñecementos!

Os nosos rapaces e rapazas amosaron unha sensibilidade e unha creatividade incribles á hora de abordar a igualdade de xénero a través de diferentes formatos:

 1º Premio (Categoría Individual - 2º Ciclo): gañado por Nuria, quen cativou ao xurado co deseño do seu cartel. Unha obra chea de mensaxe!


3º Premio (Categoría de Grupos - 3º Ciclo):alumnado de 5º e 6º de Primaria, que uniron as súas voces e reflexións para crear un fantástico e construtivo podcast. 


Máis aló dos diplomas e os galardóns, o día converteuse nunha auténtica xornada de celebración e convivencia.

Puidemos divertirnos e bailar ao son de Uxía Lambona e a Banda Molona, aproveitamos o momento para celebrar o aniversario dunha compañeira e, como broche de ouro, fixemos comunidade cunha deliciosa merenda colectiva.

Sigamos soñando coa igualdade día a día.

domingo, 28 de setembro de 2025

Un contexto artístico moi máxico

Comezamos un contexto artístico moi especial  onde a maxia e os soños serán os protagonistas. Para comezar  a nosa aventura fixemos autorretratos creativos inspirándonos en Jan Von Holloben, con aqueles materiais que máis nos gustan e definen . Comezamos a actividade cunha presentación na que coñecemos o traballo e nos adentramos na súa arte.

                                        

 











                                           

Noutra das propostas deseñamos os nosos traxes de mag@s ao estilo de Delaunay e Kusama.  Logo dunha presentación das artistas para coñecer o seu traballo, centrámonos na súa obra para deseñar os nosos traxes de magos.

                                          







       Este curso será máxico!

sábado, 7 de xuño de 2025

Contexto artístico... de película!

 Xa rematamos o contexto artístico. Aprendimos moito sobre cine e execitamos a nosa creatividade grazas ao sétimo arte. 

Desde os irmáns Lumiere e George Méliés pasando por Chaplin, Hitchcock e o cine de animación, con grandes figuras como Walt Disney, Tim Burton e Hayao Miyazaki. 

Creamos escenografías de papel en branco e negro, lámparas de papel a modo das Candilejas de Chaplin, fixemos o noso retrato de perfil coma o do xenio do cinema de terror e esculturas dos seus famosos paxaros, elaboramos un libro-cine basado en "Viaxe á lúa" e elaboramos as nosas propias curtas de Stop Motion mesturando as técnicas de Burton cos personaxes de Miyazaki. 

A seguir creando!!












domingo, 15 de decembro de 2024

Coñecemos a Charlie Chaplin no contexto artístico

 Neste último plan do trimestre, coñecemos a historia de Charlie Chaplin, un dos maiores iconos do cine mudo,  que deixou unha pegada imborrable na historia do cine.  Chaplin non só era un actor excepcional, senón tamén un director, guionista e compositor brillante. A súa maneira de pensar e crear cine estaba profundamente influenciada pola súa visión humanista e crítica da sociedade.

A súa última película, "Candilejas" (1952), é unha obra mestra que reflicte a súa propia vida e carreira. Nesta película, Chaplin interpreta a un vello cómico que axuda a unha bailarina a recuperar a súa paixón pola danza. "Candilejas" é unha homenaxe á arte e á perseveranza, e destaca pola súa emotividade e profundidade.

Chaplin tamén foi vítima da persecución política nos Estados Unidos. Acusado de simpatizar co comunismo, foi forzado a abandonar o país en 1952 e establecerse en Suíza. A pesar desta inxustiza, a súa contribución ao cine foi recoñecida en 1972, cando recibiu un Oscar honorífico pola súa "incalculable contribución ao cine do século XX".



A súa obra e legado continúan a inspirar xeracións de cineastas e espectadores, e tamén a nós, que aproveitamos  para facerlle unha homenaxe no Nadal, por celebrarse o 25 de decembro o aniversario da súa morte.

E nos puxemos mans á obra para facer un storyboard e gravar escenas mudas ambientadas no Nadal. 

Un storyboard é unha ferramenta visual que se utiliza para planificar e organizar unha historia, especialmente no cine e na animación. Consiste nunha serie de debuxos ou imaxes que representan as escenas clave dunha historia, acompañadas de descricións e diálogos.





Chaplin demostrou que o cine pode ser unha poderosa ferramenta para a reflexión social e a expresión artística, deixando un legado que perdurará para sempre.

sacarsacar

Este curso será de película!

domingo, 8 de decembro de 2024

Lanterna máxica no Contexto Artístico

Unha das técnicas usadas para contar historias con imaxes nos principios do cine era a LANTERNA MÁXICA. No contexto artístico producimos as nosas propias historias e gozamos contándoas aos nosos compañeiros e compañeiras. 

Primeiro preparamos o guión, as escenas e os personaxes. 





A continuación facemos probas para ver se o resultado é o desexado. 


E...chega o momento de estrear a nosa historia! 3,2,1...ACCIÓN!







luns, 18 de novembro de 2024

Inauguramos o contexto artístico...DE PELÍCULA!

 Esta curso estreamos Contexto Artístico, que se suma aos xa coñecidos Matemático, Científico, Lingüístico e Humanístico e que leva a plástica á súa expresión máis creativa. 



Como este é un curso de película, comezamos estudando aos Lumière e a Méliès. Inspirados pola súa Viaxe a lúa,
 facemos creacións colaborativas para dar o pistoletazo de saída ao noso proxecto, o cine!