luns, 25 de novembro de 2024

25N, Torre Cela presenta....historias que inspiran cambio

Un ano máis, traballamos para a conmemoración do 25 N, Día Internacional da Violencia contra a Muller. É unha data crucial para reflexionar e actuar contra esta lacra social. O cine, pode ser unha ferramenta poderosa para educar en igualdade e respecto desde a infancia. A través de películas como Frozen ou Valente, onde as protagonistas feminimas, fortes e independentes, loitan polos seus soños e dereitos, elaboramos uns manifestos de película. Podedes escoitar algún deles pinchando nos enlaces.

Como cada ano, tamén fixemos cartaces reivindicativos, pintamos a cara con símbolos reivindicativos , vestimos de morado, fixemos sesión de contos para traballar a temática e subimos ao adro da Igrexa acompañados polas familias para escoitar o manifesto da man do alumnado de 6º de primaria.

O alumnado de sexto interpretando o Manifesto

 Alumnado de 3º de educación primaria


                                       Cartaces relacionados co cine
                                       Momento da marcha ao Adro de Cela
                        Alumn@s visionado curtas de conciencición da Igualdade de Xénero

                                   Alumnado de 2º de educación primaria

Alumnado de 4º de educación primaria

Neste 25N, aproveitamos o poder do cine, para concienciar e formar as novas xeracións nun mundo máis xusto e igualitario.

                                                    Este curso será de película!


Ningún comentario:

Publicar un comentario