Seguimos a traballar por contextos de aprendizaxe, e como non podía ser doutro xeito, o PDI sempre está moi presente, e este curso, será de película!
No primeiro trimestre, fixemos varias propostas: deseñamos entradas de cine, fixemos textos para promocionar películas, cambiamos o final en argumentos e traballamos na procura de información sobre as nosas películas favoritas.
Tampouco faltou o traballo previo para participar no concurso de oratoria, e fomos quentando motores elaborando os nosos discursos que orientamos cara ao cine. Despois pasamos por radio Faladoiro para gravar e aquí tedes o resultado dalgúns deles. Seguídenos en Ivoox!
ESTE CURSO SERÁ DE PELÍCULA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario