luns, 18 de novembro de 2024

Un Samaín de película

Chegou un dos días máis esperados por toda a comunidade educativa; oSamaín. Baixo as directrices do equipo de dinamización da lingua, pasamos unha mañá de medo. Entramos polo tunel do terror para chegar ao  obradoiro de manualidades  de Marc Taeger, petamos a porta para desfrutar do truco trato, maquillámos de medo, adentrámonos na película Piratas do Caribe e nos emocionamos con Coco, como guiño ao noso proxecto. 

Por suposto, desfrutamos das lendas máis terroríficas na biblioteca Luís Davila. Aquí un recordo fotográfico do día máis terrorífico de 2024  no Ceip Torre Cela.


A LENDA DE BABAYAGA

PIRATAS DEL CARIBE
    

 

 

APÓCEMAS MÁXICAS
OBRADOIRO MARC TAEGER



                                                                              


COCO


Ambientamos o cole e os corrredores con cabazas que fixeron unha homenaxe ao mundo do cine. Atopamos personaxes, películas palomitas e todo o imprescindible .....




No contexto lingüístico pasamos por Radio Faladoiro para gravar programas, aquí un deles indagando sobre lendas.

Aproveitamos tamén para buscar información sobre a orixe do Samaín.

Aproveitamos para agradecer o traballo das Anpas e aos pais e nais colaborador@s Por suposto, ao equipo de dinamización da lingua e a todo o profesorado polo esforzo, xunt@s facemos equipo!

Este curso será de película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario