Amosando publicacións coa etiqueta contextos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contextos. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de abril de 2025

Contexto científico de película

No contexto científico tamén traballamos no noso proxecto sobre o cine. Neste plan estudamos a  luz e a calor,  no cal empregando a técnica de stop motion, crearon curtas orixinais para explorar e ensinar os principios de luz e sombras. A técnica stop montion é un método de animación que da vida aos obxectos ou personaxes mediante unha serie de fotografías tomadas en secuencias. Primeiro pensaron  a idea  e cos materias que precisaron fixeron  os decorados obxectos e personaxes, para posteriomente realizar as fotografías. A montaxe faixe ensamblando os fotogramas cun programa especial, que crea a ilusión de movemento.

 Este enfoque creativo permite comprender de forma visual e práctica a interacción entre luz e  a imaxe, ao tempo que fomenta habilidades como a cooperación e a creatividade. Unha idea xenial para facer que a ciencia sexa máis divertida e accesible, nun cole de película!




Aquí podedes ver o produto final. Un traballo de película!

   

Este curso será de película!

luns, 18 de novembro de 2024

Inauguramos o contexto artístico...DE PELÍCULA!

 Esta curso estreamos Contexto Artístico, que se suma aos xa coñecidos Matemático, Científico, Lingüístico e Humanístico e que leva a plástica á súa expresión máis creativa. 



Como este é un curso de película, comezamos estudando aos Lumière e a Méliès. Inspirados pola súa Viaxe a lúa,
 facemos creacións colaborativas para dar o pistoletazo de saída ao noso proxecto, o cine! 





domingo, 4 de outubro de 2020

Contexto lingüístico: a sétima ARTE

 



Os nenos de 5º e 6º comezaron este curso traballando e investigando no contexto lingüístico o marabilloso e amplo mundo do CINE. O cine, é unha das grandes ramas que abarca o noso proxecto anual do cole deste ano,   SuperARTE! 

Investigamos sobre o mundo do cine coñecendo cales foron as súas orixes, precursores e fundadores e os diferentes tipos de xéneros de cine que existen. Por grupos de traballo, eliximos unha película entre os 4 membros do mesmo e traballamos as diferentes técnicas e estratexias dos textos expositivos e persuasivos, compartimos opinións e puntos de vista. Tamén, utilizamos diversas ferramentas TIC para investigar acerca da película  elixida e aprendemos a realizar unha ficha técnica de cada unha das súas películas. Cada grupo converteu a súa película  na elaboración dun anuncio, promocionándoa e animando a  tod@ s a que as visen e gozasen dela!


 

Para poder ver os nosos anuncios pinchade  aquí! 







sábado, 3 de outubro de 2020

Arte no CONTEXTO MATEMÁTICO e ...moito máis!

 


No primeiro plan do contexto matemático traballamos coa medida do tempo. Como introdución reflexionamos sobre o paso do tempo e de como este aspecto fixo reflexionar a moitos pensadores e artistas ao longo da historia. Coñecemos a evolución dos instrumentos para medir o tempo e imaxinamos como sería a nosa vida sen horarios nin calendario. Observamos o cadro de Dalí ‘ La persistencia de la memoria’ e compartimos as sensacións que transmite.

Unha vez metidos no mundo do paso do tempo, comezamos o traballo por recantos: calculamos o tempo que tardamos en realizar actividades do máis variadas como saltar á corda, atar os cordóns ou escribir a data ao revés, tamén resolvemos problemas sobre a vida de distintos personaxes da historia e  tentamos resolver un enigma, practicamos os cambios de unidades, as equivalencias e as operacións con unidades de tempo.

  

E por último, no recanto Creativo fabricamos dous instrumentos para medir o tempo: unha Clepsidra (reloxo de auga) e un reloxo de sol.

    


                                                        Seguimos con ...SuperARTE!